Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49616

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2034/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2034/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 721/2016 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrentes: María Vanesa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez

Avogada: Marina Isabel Álvarez Santos

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo

Recorrida: Constructora San José, S.A.

Avogado: Miguel Vizcaíno Fernández Casadevante

Procurador: Juan Lage Fernández Cervera

Recorrida: Francisco José Cabeza, S.L.

Avogado: José Rafael Nieto Olano

Procurador: Jorge Bejerano Pérez

Recorridas: Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A. (BOP)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2034/2018 desta sección, seguido por instancia de María Vanesa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez contra a Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A. e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxo teor literal é o que segue:

«Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por María Vanessa Rodríguez Canzobre en nome propio e en representación do seu fillo menor Hugo Meilán Rodríguez contra a sentenza ditada o 6 de outubro de 2017 polo Xulgado do Social número 5 da Coruña en autos número 721/2016, sobre indemnización de danos e perdas seguidos pola súa instancia contra Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Constructora San José, S.A. e Fogasa, resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás entidades Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L. e Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza