Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1350/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1350/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 611/2015 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Roberto Cousillas Romero

Avogado: Francisco José Méndez Senlle

Recorrido: Xestión Ambiental de Contratas, S.L.

Avogado: Balbino Irisarri Castro

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin

Recorridos: UTE Citius Unión Temporal de Empresas

Avogado: Juan Antonio Armenteros Cuetos

Recorrido: Abeconsa, S.L.

Avogado: Concepción Álvarez Rodil

Recorrido: Semar Aluminio, S.L. (BOP)

Recorridos: INSS e TXSS

Recorrido: Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1350/2018 desta sección, seguido por instancia de Roberto Cousillas Romero contra Xestión Ambiental de Contratas, S.L., UTE Citius Unión Temporal de Empresas, Abeconsa, S.L., Semar Aluminio, S.L., INSS, TXSS e Fogasa, sobre recarga de accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Roberto Cousillas Romero contra a sentenza de data 31 de xaneiro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña en proceso sobre infracción de medidas de seguridade (recarga de prestacións), debemos revogar e revogamos a sentenza impugnada e desestimando as demandas reitoras de autos debemos absolver e absolvemos os demandados das pretensións na súa contra deducidas.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza