Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49612

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 903/2018 BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 903/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 232/2016 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Maga Limpiezas, S.L.

Avogada: Beatriz Regos Concha

Recorrido: Fernando Redondo Tudoli (BOP)

Recorridos: INSS e TXSS

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 903/2018 desta sección, seguido por instancia da entidade Maga Limpiezas, S.L. contra Fernando Redondo Tudoli, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que con estimación do recurso que foi interposto pola empresa Maga Limpiezas, S.L., revogamos a sentenza que con data 11 de outubro de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, e acollendo a demanda revogamos a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social de data 27 de novembro de 2015, declarando que non procede a imposición de recarga de prestacións por infracción das medidas de seguridade, e condenamos as demandadas a observa esta declaración.

Modo de impugnacion: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fernando Redondo Tudoli, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza