Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 728/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 728/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Edificaciones Buño, S.L., coa intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 25 de outubro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 728/2016, en que son parte, dunha banda, como demandante, Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, e, como demandada, Edificaciones Buño, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Edificaciones Buño, S.L., debo condenar e condeno esta entidade a aboar á demandante 276,72 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Buño, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza