Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49628

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1228/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1228/2015 por instancia de Sandra Estramil Rioboo contra a empresa Autoescuela Sousa, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 23 de decembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase a demanda formulada por Sandra Estramil Rioboo fronte á empresa Autoescuela Sousa, S.L., o seu administrador concursal (desistido), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Autoescuela Sousa, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de tres mil seiscentos oitenta e sete euros con setenta e sete céntimos de euro (3.687,77 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Autoescuela Sousa, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza