Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 209/2018 por instancia de Julio César González Brandon contra a empesa Zapaterías T.G. Factory España, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza con data do 22 de outubro de 2018, que copiada nos particulares necesarios di así:
Decisión.
Admítese a demanda formulada por Julio César González Brandon fronte á empresa Zapaterías T.G. Factory España, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Zapaterías T.G. Factory España, S.L. ao traballador.
– Condénase a Zapaterías T.G. Factory España, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 17.203,89 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 48,53 euros diarios.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Zapaterías T.G. Factory España, expido e asino este edicto.
A Coruña, 29 de outubro de 2018
A letrada da Administración de xustiza