Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1029/2015).

Eu, Rosana, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1029/2015 por instancia de Pedro Ángel Valderrey de la Huerga contra a empresa Prosenorsa, S.L., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 9 de outubro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Pedro Ángel Valderrey de la Huerga fronte á empresa Prosenorsa, S.L., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Prosenorsa, S.L. a aboarlle a Pedro Ángel Valderrey de la Huerga a cantidade de cento dezasete euros con oitenta e un céntimos de euro (117,81 euros), e os conceptos salariais devindican o xuro moratorio do 10 %, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Prosenorsa, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza