Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 696/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 696/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inés Fraga Martínez contra Grupo Creación y Extinción, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 696/2017 sendo parte neste, como demandante, Inés Fraga Martínez, asistida polo letrado Sr. Blanco Casais e, como demandado, Grupo Creación y Extinción, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Inés Fraga Martínez fronte a Grupo Creación y Extinción, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.068,25 euros, máis o 10 % de xuro.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza