Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1192/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1192/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Orgueira Montes contra a empresa Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.A., administrador concursal de Segur Ibérica, S.A., administrador concursal de Prosenorsa, S.L. Insolvency Legal, Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza.

A Coruña o dezasete de outubro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1192/2015, en que son parte, dun lado como demandante Óscar Orgueira Montes, asistido pola letrada María Dolores Rodríguez Amoroso, e como demandados Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.A., administrador concursal de Segur Ibérica, S.A., administrador concursal de Prosenorsa, S.L. Insolvency Legal e Fogasa, sen que ningún deles comparecese a pesar de estaren citados en legal forma, sobre reclamacion de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Óscar Orgueira Montes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Prosenorsa, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 1.105,10 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis os xuros correspondentes, con absolución de Segur Ibérica, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio mando e asino, xulgando definitivamente, por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza