Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48823

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (623/2016).

Eu, Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, fago saber que en autos número 623/2016 se ditou sentenza número 129 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 625/2016, seguidos por instancia de María Sandra Dios Suárez e Manuel Magariños Llerena, representados pola procuradora Sra. Queiro García, baixo a asistencia letrada da Sra. Blanco de la Torre, contra Técnicas del Motor Multimarca, S.L., emprazado por edictos e en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. Queiro García, en nome e representación invocada, e condénase a demandada a pagar aos demandantes a cantidade de tres mil trescentos vinte e catro euros e doce céntimos (3.324,12 €), sen custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

E para que sirva a Técnicas del Motor Multimarca, S.L. e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza