Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48821

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (131/2017).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento ORD 31/2017 seguido por instancia de Volkswagen Finance, S.A. E.F.C. fronte a Yaoran Chen, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 187/2017

Xuízo ordinario 131/2017

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Volkswagen Finance, S.A. E.F.C.

Avogado: Sr. Pérez Ares

Procurador: Sr. Cuns Núñez

Demandado: Yaoran Cheh (en rebeldía)

Obxecto: reclamación de cantidade

En Santiago de Compostela o 14 de decembro de 2017.

Resolución:

Estimo integramente a demanda interposta pola entidade Volkswagen Finance, S.A. E.F.C. contra Yaoran Chen, e condeno o demandado a pagar á demandante a cantidade de 15.115,13 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda de xuízo, 23.2.2017, ata o seu completo pagamento e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo iso con imposición das custas ao demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Yaoran Chen, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza