Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48819

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1337/2018).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1337/2018 desta sección, seguido por instancia de Manuel López Martín, Ana María López Guerreiro, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Barras Eléctricas Galaico Asturianas (Begasa), Telemática Obras y Montajes, S.L., Montajes e Engeniería Arce, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polos demandantes Manuel López Martínez e Ana María López Guerreiro, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, nos presentes autos tramitados por instancia dos recorrentes fronte ás empresas demandadas Telemática Obras y Montajes, S.L., Montajes e Ingeniería Arce, S.L., e fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se ha de preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Telemática Obras y Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza