Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48815

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e a presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus de Elviña, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude acompañaráselle un currículo no cal se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de novembro de 2018

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Núm. posto RPT: 1.

Denominación do posto: secretario do presidente do consello.

Centro: Consello Social.

Grupo: A2/C1.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 22.

Complemento específico mensual: 644,34 €.

Forma de provisión: libre designación.

Requisitos:

Funcionario/a de carreira, de Administración xeral, do corpo/escala de xestión ou do corpo/escala administrativa, con destino definitivo na Universidade da Coruña.

Méritos preferentes:

1. Experiencia previa:

– No campo da xestión económica universitaria, preferentemente na xestión e control de centros de gasto.

– En labores de secretaría/apoio a cargos directivos.

2. Dominio de ferramentas ofimáticas (nivel experto):

3. Coñecementos de idiomas estranxeiros:

– Inglés nivel alto (lectura, escritura, conversación).

4. Formación complementaria e habilidades:

– Formación orientada ao perfeccionamento do uso do galego e da linguaxe administrativa.

– Formación no campo do protocolo universitario e a comunicación.

– Formación en materia de xestión documental, arquivo e administración electrónica.

– Habilidades de comunicación oral e escritura.

– Capacidade para traballar en equipo.

– Motivación, proactividade e orientación e resultados.

missing image file