Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 208/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 208/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Alfonso Díaz contra Streamnow, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Adrián Alfonso Díaz contra a entidade Streamnow, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 16 de febreiro de 2018, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes, desde a data do despedimento (16.2.2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Streamnow, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 7.804,36 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Streamnow, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza