Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 559/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 559/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Daniel Güillín Ramírez contra Restaurante La Tapería, José Luis Fernández Estévez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Víctor Daniel Güillín Ramírez contra a entidade Restaurante La Tapería e o empresario individual José Luis Fernández Estévez e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Restaurante La Tapería e o empresario individual José Luis Fernández Estévez a que aboe ao demandante a cantidade de 1.528,69 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante La Tapería e ao empresario individual José Luis Fernández Estévez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza