Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 129/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 129/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Pérez Parra contra Jesús Chans Cao, Trabajos Verticales 2016, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Miguel Pérez Parra contra o empresario individual Jesús Chans Cao, e a entidade Trabajos Verticales 2016, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que Miguel Pérez Parra foi obxecto en data do 23 de decembro de 2017, condenando solidariamente a que a entidade Trabajos Verticales 2016, S.L., e o empresario individual Jesús Chans Cao, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 44,84 euros diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.096,60 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Chans Cao e Trabajos Verticales 2016, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza