Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2018 Páx. 48831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1119/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1119/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Vilas, María José Pena Andrade, María Carmen Pilar Prado Mosquera, Amelia González López, María Soledad Couselo Vázquez, María Eugenia Franqueira Candal, María José Garaboa Vilariño, María Carmen Méndez Neira, María Begoña Grela del Río, Patricia García Amor contra Grupo Massimo Dutti, S.A., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Marcas Comerciales, S.A., Pertegaz, administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Argos Asociados abogados y asesores tributarios, administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., Calero Guillén Abogados, S.L.P., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., El Corte Inglés, S.A., Rogelio Bodelo Pichel sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Tense por desistidas a Ana María Rodríguez Vilas, María José Pena Andrade, Amelia González López, María Soledad Couselo Vázquez, María Eugenia Franqueira Candal, María José Garaboa Vilariño, María Carmen Méndez Neira, María Begoña Grela del Río e Patricia García Amor, representadas por María Carmen Pilar Prado Mosquera, e María Carmen Pilar Prado Mosquera, fronte ás entidades Grupo Massimo Dutti, S.L., El Corte Inglés e Marcas Comerciales, S.A., Pertegaz.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Ana María Rodríguez Vilas, María José Pena Andrade, Amelia González López, María Soledad Couselo Vázquez, María Eugenia Franqueira Candal, María José Garaboa Vilariño, María Carmen Méndez Neira, María Begoña Grela del Río, Patricia García Amor e María Carmen Pilar Prado Mosquera, contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Confección Ideal, S.L., a administración concursal de Confeccións Fraga, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., a administración concursal de Shivshi, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores entidades a que aboen ás demandantes as cantidades que se especificarán, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Ana María Rodríguez Vilas, a cantidade de 5.515,60 € brutos, por salarios devindicados en decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

– A María José Pena Andrade, a cantidade de 5.880,03 € brutos, por salarios devindicados en decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

– A María Carmen Pilar Prado Mosquera, a cantidade de 5.848,46 € brutos, por salarios devindicados entre decembro de 2016 e abril de 2017, así como paga extra de 2016, e diferenzas do complemento de antigüidade entre setembro e decembro de 2016.

– A Amelia González López, a cantidade de 5.256,29 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e de xaneiro a abril de 2017.

– A María Soledad Couselo Vázquez, a cantidade de 5.420,22 € brutos, por salarios devindicados en decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

– A María Begoña Grela del Río, a cantidade de 6.485,79 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

– A María Eugenia Franqueira Candal, a cantidade de 4.768,58 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e en xaneiro, e abril de 2017.

– A María José Garaboa Vilariño, a cantidade de 6.363,63 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

– A María Carmen Méndez Neira, a cantidade de 6.449,57 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e de xaneiro abril de 2017.

– A Patricia García Amor, a cantidade de 5.897,41 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e entre xaneiro e abril de 2017.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade que interpuxeron Ana María Rodríguez Vilas, María José Pena Andrade, Amelia González López, María Soledad Couselo Vázquez, María Eugenia Franqueira Candal, María José Garaboa Vilariño, María Carmen Méndez Neira, María Begoña Grela del Río e Patricia García Amor, representadas por María Carmen Pilar Prado Mosquera, e María Carmen Pilar Prado Mosquera, fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L. e de Gaviota Textil XXI, S.L., as que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Perseo Téxtil, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confecciones Deus, S.L., Dictum Estudio Jurídico administración concursal de Confecciones Fraga, Puntada Elaborada, S.L., Costura Invisible, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2018