Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48669

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1086/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1086/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Fraguela Pestaña contra Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversores, S.L., Osevi Soluciones Integrales, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Álvaro Fraguela Pestaña contra as entidades Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversores, S.L., Osevi Soluciones Integrales, S.L. e Sleep Mobel, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Previgal Galicia, S.L., Tecnología y Diseño Modular, S.L., Metisar, S.L., Domun Modular, S.L., Maesvi Inversores, S.L., Osevi Soluciones Integrales, S.L., e Sleep Mobel, S.L., a aboaren ao demandante a cantidade de 10.931,63 € brutos en concepto salarios percibidos entre xullo e outubro de 2017, ambos incluídos, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maesvi Inversores, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza