Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48664

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (more uxorio 439/2017-CL).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de more uxorio seguido por instancia de Nerea Tashal Lainez Dapena fronte a Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, se ditaron sentenza e auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 14 de marzo de 2018.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, maxistrada do Xulgado de Reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo, os presentes autos de more uxorio con número 439/2017, seguidos por instancia de Nerea Tashal Lainez Dapena, representada pola procuradora Marta Barreiro Carrillo e baixo a dirección letrada de Laura Martínez Dezagoire, fronte a Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, declarado en situación de rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, resulta o seguinte,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo, en nome e representación de Nerea Tashal Lainez Dapena, fronte a Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúeselle á nai a garda e custodia do fillo menor. A titularidade e o exercicio da patria potestade serán comúns a ambos os dous proxenitores.

– En canto ao réxime de visitas, non se fixa ningún dada a situación actual e ao ignorarse o paradoiro e as circunstancias do demandado.

– Fíxase a contía da pensión de alimentos que o pai debe satisfacer a favor do menor en 200 euros, suma que aquel deberá ingresar por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para o efecto designe a nai.

A devandita cantidade actualizarase anualmente en proporción ás variacións que experimente o índice oficial de prezos de consumo, segundo o INE ou organismo que o substitúa.

– Ambos os dous proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios que xere a filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención dos fillos menores de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios tramitarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, e que se tramitará conforme as normas da nova Lei de axuizamento civil. Para iso cómpre que se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

«Auto.

Vigo, 15 de maio de 2018.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva.

Acórdase rectificar a resolución da sentenza do 14 de marzo de 2018 e, onde di:

“Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo, en nome e representación de Nerea Tashal Lainez Dapena, fronte a Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúeselle á nai a garda e custodia do fillo menor. A titularidade e o exercicio da patria potestade serán comúns a ambos os dous proxenitores.

– En canto ao réxime de visitas, non se fixa ningún dada a situación actual e ao ignorarse o paradoiro e as circunstancias do demandado.

– Fíxase a contía da pensión de alimentos que o pai debe satisfacer a favor do menor en 200 euros, suma que aquel deberá ingresar por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para o efecto designe a nai.

A devandita cantidade actualizarase anualmente en proporción ás variacións que experimente o índice oficial de prezos de consumo, segundo o INE ou organismo que o substitúa.

– Ambos os dous proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios que xere a filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención dos fillos menores de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios tramitarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, e que se tramitará conforme as normas da nova Lei de axuizamento civil. Para iso cómpre que se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino”.

Debe dicir:

“Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Marta Barreiro Carrillo, en nome e representación de Nerea Tashal Lainez Dapena, fronte a Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúeselle á nai a garda e custodia do fillo menor. A titularidade e o exercicio da patria potestade serán comúns a ambos os dous proxenitores.

– En canto ao réxime de visitas, non se fixa ningún dada a situación actual e ao ignorarse o paradoiro e as circunstancias do demandado.

– Fíxase a contía da pensión de alimentos que o pai debe satisfacer a favor do menor en 200 euros, desde a data de interposición da demanda; suma que aquel deberá ingresar por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para o efecto designe a nai.

A devandita cantidade actualizarase anualmente en proporción ás variacións que experimente o índice oficial de prezos de consumo, segundo o INE ou organismo que o substitúa.

– Ambos os dous proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios que xere a filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención dos fillos menores de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios tramitarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, e que se tramitará conforme as normas da nova Lei de axuizamento civil. Para iso cómpre que se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino”.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina, María del Pilar Cao Fernández, maxistrada do Xulgado de Reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo».

E ao estar o dito demandado, Carlos Antonio Gonçalves Dacosta, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza