Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48662

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2056/2018 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2056/2018 CRS

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 844/2014 Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Manuel Agra Fernández

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Química Industrial Proquintas, S.A., Mutua La Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa seguridade social número 275, Promove, S.L., Construciones Villantime, S.L., administración concursal Química Industrial Proquintas (María Muñiz Baños)

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado de Fogasa (...), María Emma Ojea Castro, Luis Benjamín González Rodríguez (...)

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2056/2018 desta sección, seguido por instancia de Manuel Agra Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Química Industrial Proquintas, S.A., Mutua La Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa seguridade social número 275, Promove, S.L., Construciones Villantime, S.L., administración concursal Química Industrial Proquintas (María Muñiz Baños), sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos. Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Manuel Agra Fernández contra a sentenza ditada o 29 de decembro de 2017 polo Xulgado do Social número 3 da Coruña en autos número 844/2014, sobre recarga de prestacións da Seguridade Social, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidade, Construcciones Villantime, S.L., Química Industrial Proquintas, S.A., Fogasa, Promove, S.L. e Xestión Urbanística e de Obra, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Villantime, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza