Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 397/2017).

PO procedemento ordinario 397/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Sergio Otero Abal

Avogado: Carlos Arce Fernández

Demandados: Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada na data, no proceso seguido por instancia de Sergio Otero Abal contra Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado con nº de procedemento ordinario 397/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza o día 15.11.2018 as 11.10 e 11.15 horas, no andar -1, sala 6, Edif. Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá ir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é a única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución o da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer o acto do xuizo asistido de avogado o representado técnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte o dereito de valerse no acto do xuízo de abogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Instalaciones y Canalizaciones Martis, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 2 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza