Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 198/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 198/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Pacheco contra Transcerofer, S.L., César Rodríguez Fernández e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 274/2018 de data 13 de xuño no procedemento PO 237/16 a favor da parte executante, Francisco Javier Pacheco, fronte a Transcerofer, S.L., César Rodríguez Fernández e Fogasa, parte executada, por importe 39.987,37 euros en concepto de principal (32.535,42 euros en concepto de diferenzas salariais e horas extra e 7.451,95 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 3.998,73 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina o/a xuíz. Dou fe.

O/a xuíz

O/a letrado da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Transcerofer, S.L., Cesar Rodríguez Fernández, dar audiencia previa á parte demandante Francisco Javier Pacheco e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transcerofer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza