Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48674

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 167/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez López contra Servimar Innova, S.L. e o Fogasa, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e dous de outubro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Servimar Innova, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 2.234,86 euros en concepto de principal (1.822,85 euros en concepto de salario e liquidación por cesamento, 412,01 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 223,48 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase a inscribila no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

O letrado da Administración de xustiza