Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 38/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 38/2018

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 196/2014

Sobre: ordinario

Demandantes: David Ruiz Mulas, Jorge Barroso Orta, Alejandro González Pérez, Raúl Campos Paiño, Carlos Barron Redondo

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Demandados: Fogasa, Loygonsa, S.L., Autos Lobelle, S.L., Lobelle Turismos, S.L., Lobelle, S.L. Unipersoal, José Antonio Lobelle Quintillán

Avogado: letrado de Fogasa, ...

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 38/2018, por instancia de David Ruiz Mulas, Jorge Barroso Orta, Alejandro González Pérez, Raúl Campos Paiño, Carlos Barrón Redondo contra a executada José Antonio Lobelle Quintillán e otros, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de outubro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 24.456,64 euros de principal, máis 9.132,72 euros en concepto de xuros de mora, máis 3.364,61 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza