Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2018 Páx. 48677

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 716/2017).

Procedemento ordinario (PO) 716/2017

Sobre: ordinario

Demandante: José Ramón Noya Cea

Demandados: Galident, S.A., Fogasa, RDS Solutions Santiago, S.A., RDS Solutions Santiago, S.A.

Avogados: (...), letrado de Fogasa, Torcuato Pablo Labella Lozano

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 716/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Noya Cea contra Galident, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 716/2017, sendo parte nel, como demandante, José Ramón Noya Cea, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Gesto, e como demandados, Galident, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, sobre a base dos seguintes

Decido:

Estímase a demanda interposta por José Ramón Noya Cea fronte a Galident, S.A. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 3.724,86 euros, máis o 10 % de xuro.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, contra a que cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta bancaria aberta a nome desta oficina xudicial, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galident, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza