Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 131/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 131/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor Martínez Otero contra Fondo de Garantía Salarial, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Instituto Nacional da Seguridade Social, Formas Inoxman, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Héctor Martínez Otero contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Nexo 8 ETT, S.L. e Formas Inoxman, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións exercidas contra elas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (estas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº: ES55 0049 3569 92 0005001274 e consignar no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta nº: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nexo 8 ETT, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza