Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1188/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1188/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Brandón Pereiro contra Ángel Veiga Pensado, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Tania Brandón Pereiro contra o empresario individual Ángel Veiga Pensado e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Ángel Veiga Pensado a que aboe á demandante a cantidade de 4.243,82 € brutos por salarios devindicados entre marzo e xuño de 2016, con inclusión da parte proporcional de pagas extras, compensación económica por vacacións, dos cales serán descontadas a cantidade de 856,86 € líquidos xa percibidos e 1.651,63 € brutos por horas extras realizadas no mesmo período, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Veiga Pensado, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza