Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 373/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 373/2018, seguido por instancia de Gonzalo Suárez Carbajales contra Alimentos O Agro da Plaza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza núm. 225/2018, do 11 de outubro de 2018, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alimentos O Agro da Plaza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza