Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1038/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1038/2015, por instancia de Alejandro López Gantes contra a empresa Jacobo Gantes González e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza, con data do 9 de outubro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Alejandro López Gantes fronte á empresa Jacobo Gantes González, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Jacobo Gantes González a aboar ao demandante a cantidade de mil catrocentos dezaoito euros con sesenta e seis céntimos de euro (1.418,66 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Jacobo Gantes González, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza