Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48381

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (791/2017).

Ourense, 8 de xuño de 2018.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado baixo o número 791 do ano 2017, por instancia de María del Carmen Díaz García, representada pola procuradora Sra. Boedo en substitución da súa compañeira a procuradora Sra. Teruel Sanjurjo, e asistida do letrado Sr. García Vilaboy e, como demandado, Galibrokers, S.L., en situación de rebeldía procesual; constan nas actuacións as súas circunstancias persoais…

«...Resolvo

Estimar a demanda interposta por María Carmen Díaz García, representada pola procuradora Sra. Boedo, en substitución da súa compañeira a procuradora Sra. Teruel Sanjurjo e asistida do letrado Sr. García Vilaboy e, como demandado, Galibrokers, S.L., en situación de rebeldía procesual, e condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 604.660,15 euros como consecuencia do incumprimento pola parte demandada do contrato do 29 de agosto de 2006, máis os xuros de demora correspondentes desde o 28 de agosto de 2015, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine, todo iso con imposición de custas á parte demandada…».

Ourense, 18 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza