Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48281

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (675/2016).

Divorcio contencioso (DCT) 675/2016

Demandante: Kelly Johana Cruz Montenegro

Procuradora: Elena Montans Argüello

Avogada: Vera Monfort Peral

Demandado: Jhonier Alejandro Montoya Obando

No procedemento de referencia ditouse resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor seguinte:

Vilagarcía de Arousa, 15 de setembro de 2017

Vistos por Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos co número 675/2016, promovidos pola procuradora Elena Montáns Argüello, en nome e representación de Kelly Yohana Cruz Montenegro, asistida da letrada Vera Monfort Peral contra Jhonier Alejandro Montoya Obando, en rebeldía procesual,

Decido:

Admitindo a demanda de divorcio formulada pola procuradora Elena Montans Argüello, en nome e representación de Kelly Yohana Cruz Montenegro contra Jhonier Alejandro Montoya Obando, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio contraído polos ditos cónxuxes, por divorcio, con todos os seus efectos legais. Acórdase a revogación de poderes e consentimentos que puidesen outorgarse os cónxuxes e acórdase a disolución da sociedade de gananciais. Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil de Vilagarcía de Arousa, onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes, e poñéndose nas actuacións certificación desta inclúase a presente no libro de sentenzas.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que esta non é firme e que fronte a ela poderá formularse impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interporase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basea a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 da LAC).

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, estando a celebrar este audiencia pública no mesmo día da data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.