Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48283

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (131/2018).

Familia, guarda, custodia, alimentos fillo menor non matrimonial non consensuado número 131/2018

Sobre: outros familia incidentes

Demandante: Ercelinda María Coelho Miranda

Procurador: Constantino Prieto Vázquez

Avogado: Gabriel González González

Demandado: Dedalier Moreno

Eu, Marina Sofía López Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento de familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matrimonial non consensuado número 131/2018, seguido por instancia de Ercelinda María Coelho Miranda fronte a Dedalier Moreno, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 67/2018.

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 18 de xuño de 2018.

Lugar: Viveiro.

Demandante: Ercelinda María Coelho Miranda.

Avogado: Gabriel González González.

Procurador: Constantino Prieto Vázquez.

Demandado: Dedalier Moreno.

Demandado: Ministerio Fiscal.

Procedemento: garda e custodia e alimentos de menor número 131/2018.

Decisión.

Que admitindo parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Ercelinda María Coelho Miranda, se establecen as seguintes medidas definitivas:

1º. A garda e custodia da menor, Emily Isabela, atribúeselle á nai, a Ercelinda María Coelho Miranda.

2º. A patria potestade sobre a menor, Emily Isabela, será exercida en exclusiva pola nai, Ercelinda María Coelho Miranda.

3º. Dedalier Moreno aboará en concepto de pensión alimenticia a favor da filla menor a cantidade mensual de 160 euros. A dita cantidade deberá ser aboada nos 5 primeiros días de cada mes mediante ingreso na conta bancaria que para tal efecto designe Ercelinda María Coelho Miranda ante este xulgado, e será actualizada anualmente conforme as variacións que experimente o IPC.

En relación cos gastos extraordinarios da menor, estes serán sufragados polos proxenitores ao 50 %.

4º. O pai, para o caso de que volva a España, poderá estar coa menor sábados alternos desde as 16.00 horas ata as 18.00 horas baixo a supervisión da nai ou de persoa de confianza que designe a nai.

5º. O pai poderá comunicarse coa menor por calquera medio, respectando sempre os horarios de actividades e descanso da menor.

Todo iso sen especial pronunciamento en materia de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelacion».

E encontrándose o devandito demandado, Dedalier Moreno, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Viveiro, 9 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza