Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48278

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1999/2018).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1999/2018 BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 484/2017 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: María Isabel Calvo Lavandeira

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Recorridos: Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Fraga (Juan Carlos Rodríguez Maseda), administración concursal Plataforma Costurera (Iberfis Titulados Mercantiles & González Seoane), administración concursal Confecciones Deus (Argo Asociados Abogados y Asesores TRI), administración concursal Deus Creaciones (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), administración concursal Costura Invisible (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios), administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez)

Avogados: letrado de Fogasa, José Ramón Millán Cidón, José Antonio González Seoane, Isaías González García, Isaías González García, Cristina Suárez Gestal

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1999/2018 desta sección, seguido por instancia de María Isabel Calvo Lavandeira contra Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Deus Creaciones, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Confecciones Fraga (Juan Carlos Rodríguez Maseda), administración concursal Plataforma Costurera (Iberfis Titulados Mercantiles & González Seoane, administración concursal Confecciones Deus (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, administración concursal Deus Creaciones (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, administración concursal Costura Invisible (Argo Asociados Abogados y Asesores Tributarios, administración concursal Confección Ideal (Ana María Barreiro Martínez, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que, con estimación do recurso que foi interposto por María Isabel Calvo Lavandeira, revogamos en parte a sentenza que con data 16 de novembro de 2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, e acollendo a demanda declaramos que a indemnización correspondente ao despedimento improcedente é de «vinte e oito mil oitenta euros (28.080 €)» e que os salarios de tramitación se calcularán un salario diario de «trinta e nove euros (39 €)», manténdose o resto dos seus pronunciamentos.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Deus Creaciones, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza