Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Serra das Penas, situado no concello de Paradela (Lugo), e promovido por Enel Green Power España, S.L. (expediente 079-EOL).

Examinada a solicitude de Enel Green Power España, S.L. (en diante, a promotora) o expediente sobre a declaración de utilidade pública do proxecto de modificación do parque eólico Serra das Penas, constan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola Resolución do 6 de maio de 2004 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 (DOG nº 18, do 28 de xaneiro), a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolveu admitir a trámite o parque eólico Serra das Penas para unha potencia máxima de 48 MW (DOG nº 100, do 26 de maio).

Segundo. Con data do 25 de xuño de 2004, Manuel Gago Rodríguez, actuando en nome e representación de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., presentou solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración, en concreto, de utilidade pública e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico Serra das Penas, para unha potencia total de 48 MW.

Terceiro. Pola Resolución do 20 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, someteuse a información pública para estudo ambiental, autorización, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Serra das Penas (DOG nº 222, do 15 de novembro).

Cuarto. O 15 de xuño de 2005, a Sección de Minas da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo certificou a non existencia de dereitos mineiros vixentes que afecten a área de afección do parque eólico Serra das Penas.

Quinto. Pola Resolución do 13 de outubro de 2006, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas publicou a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Serra das Penas, formulada o 18 de setembro de 2006 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (DOG nº 211, do 2 de novembro).

Sexto. O 20 de setembro de 2007, a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais informou que a totalidade do parque eólico Serra das Penas, promovido pola empresa Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., atópase fóra dos terreos da Comunidade Veciñal en Man Común de Nai, en virtude da sentenza xudicial do 18 de novembro de 2004 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria.

Sétimo. Con data do 11 de decembro de 2008, Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. achegou o documento anexo ao proxecto de execución do parque eólico Serra das Penas, no cal se describen as modificacións efectuadas respecto ao proxecto inicial que consisten na eliminación de tres posicións, en concreto as posicións número 5, 13 e 22, co cal a potencia total do parque pasa a ser de 42 MW.

Oitavo. Pola Resolución do 13 de xullo de 2009, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as instalacións electromecánicas, aprobou o proxecto de execución, declarou a utilidade pública, en concreto, e recoñeceu a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica as instalacións do proxecto do parque eólico Serra das Penas, situado no concello de Paradela (Lugo) e promovido por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. (DOG nº 158, do 13 de agosto).

O citado proxecto contaba coas seguintes características básicas:

– Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

X

Y

V1

614.000

4.738.000

V2

617.000

4.738.000

V3

621.000

4.726.000

V4

621.000

4.721.000

V5

615.000

4.719.000

V6

611.000

4.719.000

V7

612.000

4.734.000

– Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

X

Y

1

614.897,05

4.733.453,98

2

615.102,73

4.733.375,90

3

615.196,55

4.733.122,72

4

615.376,04

4.732.995,52

6

615.051,92

4.732.302,16

7

615.269,14

4.732.188,85

8

615.445,27

4.732.018,55

9

615.670,96

4.731.923,21

10

614.892,34

4.731.512,57

11

615.118,37

4.731.418,05

12

615.349,86

4.731.337,81

14

612.750,34

4.733.526,71

15

612.790,82

4.733.272,94

16

612.926,35

4.733.057,16

17

613.086,70

4.732.892,27

18

613.256,77

4.732.715,91

19

613.068,42

4.732.238,85

20

613.110,74

4.732.012,80

21

613.292,09

4.731.871,23

23

613.611,04

4.731.536,93

24

613.756,74

4.731.358,66

Características técnicas do parque eólico:

– Nº de aeroxeradores: 21.

– Tipo de aeroxerador: G-90.

– Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.

– Diámetro de rotor: 89,6 m.

– Número de pas: 3.

– Altura de torre: 78 m.

– Potencia total instalada: 42 MW.

– Produción neta anual estimada: 136.176 MWh/ano.

Noveno. Con data do 30.7.2009, o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Serra das Penas, así como das disposicións normativas contidas no dito proxecto (DOG nº 224, do 16 de novembro).

Décimo. Mediante escrito de data do 25 de maio de 2010, a sociedade peticionaria, Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., notifica o cambio de denominación social, elevado a público con data do 7 de maio de 2010, segundo o cal pasa a denominarse Enel Green Power España, S.L.

Décimo primeiro. Con data do 6.7.2017, a promotora propuxo unha modificación do proxecto do parque eólico consistente no cambio do modelo de aeroxerador, xunto coa presentación do documento Análise ambiental cambio modelo de aeroxerador. Parque eólico Serra das Penas (Lugo). Xuño 2017.

Décimo segundo. O 28.9.2017, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informou que non existen obxeccións ao cambio solicitado pola promotora.

Décimo terceiro. Con data do 23.11.2017, Enel Green Power España, S.L., solicitou a aprobación da modificación da autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Serra das Penas, xunto coa presentación do documento Proxecto técnico de parque eólico Serra das Penas. Concello de Paradela (Lugo).

Décimo cuarto. O 23.11.2017, o 17.1.2018 e o 12.3.2018, a promotora presentou documentación relativa á solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico e conxuntamente declarou que a modificación proposta no proxecto de execución do parque eólico, en ningún caso produce afección a novas parcelas.

Décimo quinto. O 1 de decembro de 2017, a empresa presentou solicitude de declaración de interese especial para o parque eólico. Con data do 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico Serra das Penas como proxecto de interese especial (DOG nº 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo sexto. O 13.3.2018, a xefatura territorial emitiu informe actualizado sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico modificado. De acordo co citado informe, os dereitos mineiros outorgados no espazo proxectado para o parque eólico modificado, xa foron caducados polo que non procede realizar trámite de compatibilidade ningún.

Décimo sétimo. O 10.4.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico modificado.

Para aqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación, o 19.6.2018 e o 27.8.2018 publicáronse anuncios no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido nos ditos anuncios non compareceu ningún interesado.

Décimo oitavo. O 26.4.2018, Cándido López Gómez presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia de Lugo alegación relativa á existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, concretamente en relación coa titularidade dunha das parcelas.

Décimo noveno. O 14.5.2018, Mercedes Cela Vila e Juan Perfecto Fernández, presentaron no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia do Concello de Sarria alegacións en relación con:

– A limitación no acceso á información completa do expediente malia acreditar a condición de interesados.

– Os efectos nocivos que produciría o proxecto do parque eólico sobre as actividades económicas dos interesados ao ser substancialmente o mesmo proxecto que foi presentado inicialmente sen introducir efectos correctores, en particular para o establecemento de turismo rural e que deviría en antieconómica a actividade dos interesados.

– O impacto visual e ambiental que a localización proxectada do parque eólico produciría sobre lugares da súa contorna que presentan relevantes valores naturais, paisaxísticos, patrimoniais e culturais.

E solicitan que se rexeite a declaración de utilidade pública do parque eólico.

Vixésimo. O 18.4.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe en relación coa adecuación da modificación do proxecto aos preceptos urbanísticos do Plan sectorial eólico de Galicia e aos requisitos de distancias ás delimitacións urbanísticas vixentes.

Vixésimo primeiro. O 30.7.2018, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal informou no marco do establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, que non se afecta a montes veciñais en man común nin a outros aproveitamentos forestais de interese.

Vixésimo segundo. Pola Resolución do 3 de agosto de 2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas aprobou a modificación da autorización administrativa de construción para o proxecto técnico do parque eólico Serra das Penas, situado no concello de Paradela (Lugo), e promovido por Enel Green Power España, S.L. (expediente 079-EOL).

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte á disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con respecto ás alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o contido destas e as respostas da promotora, cómpre indicar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles (lindes, dimensións, tipo de cultivo,...).

2. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre un establecemento de turismo rural, non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No relativo ás alegacións de carácter ambiental, débese indicar que o proxecto conta coa declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 18 de setembro de 2006, que se fixo pública pola Resolución do 13 de outubro de 2006, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG nº 211, do 2 de novembro), ademais o informe emitido o 28.9.2017 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que non existen obxeccións á modificación solicitada pola promotora.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Serra das Penas, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Domicilio: rúa Fernando Casas Novoa, 37 B-2º, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Serra das Penas.

Potencia instalada: 42 MW.

Concello afectado: Paradela (Lugo).

Produción neta: 142,632 GWh/ano.

Orzamento de execución material: 37.281.134,94 €.

– Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

A

614.000

4.738.000

613.875,40

4.737.785,77

B

617.000

4.738.000

616.875,40

4.737.785,77

C

621.000

4.726.000

620.875,40

4.725.785,77

D

621.000

4.721.000

620.875,40

4.720.785,77

E

615.000

4.719.000

614.875,40

4.718.785,77

F

611.000

4.719.000

610.875,40

4.718.785,77

G

612.000

4.734.000

611.875,40

4.733.785,77

– Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

614.897,10

4.733.454,00

614.772,45

4.733.239,75

2

615.102,70

4.733.375,90

614.978,05

4.733.161,65

3

615.196,60

4.733.122,70

615.071,95

4.732.908,45

4

615.376,00

4.732.995,50

615.251,35

4.732.781,25

6

615.051,90

4.732.302,20

614.927,25

4.732.087,94

7

615.269,10

4.732.188,90

615.144,45

4.731.974,64

8

615.445,30

4.732.018,60

615.320,65

4.731.804,34

9

615.671,00

4.731.923,20

615.546,35

4.731.708,95

10

614.892,30

4.731.512,60

614.767,65

4.731.298,33

11

615.118,40

4.731.418,10

614.993,75

4.731.203,84

12

615.349,90

4.731.337,80

615.225,25

4.731.123,54

14

612.750,30

4.733.526,70

612.625,65

4.733.312,48

15

612.790,80

4.733.272,90

612.666,15

4.733.058,63

16

612.926,40

4.733.057,20

612.801,75

4.732.842,93

17

613.086,70

4.732.892,30

612.962,05

4.732.678,03

18

613.256,80

4.732.715,90

613.132,15

4.732.501,63

19

613.068,40

4.732.238,90

612.943,74

4.732.024,63

20

613.110,70

4.732.012,80

612.986,04

4.731.798,52

21

613.323,10

4.731.905,00

613.198,44

4.731.690,73

23

613.611,00

4.731.536,90

613.486,34

4.731.322,62

24

613.756,70

4.731.358,70

613.632,04

4.731.144,42

– Coordenadas das torres meteorolóxicas:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM1

615.051,2

4.732.745,4

614.926,55

4.732.531,15

TM2

613.189,5

4.731.928,6

613.064,84

4.731.714,32

Características técnicas das instalacións:

– 21 aeroxeradores Gamesa G114-2.0 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria, 114 m de diámetro de rotor e 93 m de altura de buxa.

– 21 centros de transformación de 2.200 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 690V/30 kV, instalados individualmente no interior da torre de cada aeroxerador cos correspondentes aparellos de manobra e protección.

– 2 torres meteorolóxicas autoportantes de 93 m de altura, equipadas con anemómetros, cataventos, medidor de temperatura, e logger rexistrador.

– Subestación transformadora equipada con transformador de 37,5/50 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 30/220 kV, celas de media tensión, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación 30/0,4 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando e control.

– Liñas eléctricas soterradas para interconexión dos aeroxeradores e para a evacuación de enerxía xerada, compostas por condutor unipolar de aluminio do tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións 150, 240 e 400 mm2.

– Obra civil consistente en camiños de acceso a aeroxeradores, torres meteorolóxicas, subestación, edificio de control, cimentacións e plataformas de aeroxeradores.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas