Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46956

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (389/2017).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que nos autos de procedemento ordinario 389/2017-P, arriba referenciado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentenza.

Ourense, 16 de maio de 2018.

Darío-Carpio Estévez Pérez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, ditou a presente no procedemento civil ordinario 389/2017, en que é parte demandante Ispamo Norteáfrica AM, S.L., a quen representa a procuradora Sra. Álvarez Coscolín con asistencia técnica do letrado Sr. Galán Palmero (en substitución a letrada Sra. Valerias), fronte a Ecoservicios y Biomateriales, S.L., que foi declarada en situación procesual de rebeldía ao non comparecer a xuízo, cos seguintes

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Sra. Álvarez Coscolín, actuando en nome e representación de Ispamo Norteáfrica AM, S.L., fronte a Ecoservicios y Biomateriales, S.L., e na devandita razón, procede a condena desta última a que aboe á demandante a cantidade de 34.845,55 euros, á cal resultan de aplicación os xuros do artigo 1108 do CC, desde a data da interpretación xudicial ata a data de sentenza, e a partir desta os xuros procesuais do artigo 576 da LAC ata a data do definitivo cumprimento, así como ao aboamento das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense nos termos previstos na LAC na súa nova redacción.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase en forma á entidade demandada Ecoservicios y Biomateriales, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual, o que expido e asino.

Ourense, 23 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza