Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46958

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (DCT 374/2017).

Nos autos de divorcio contencioso 374/2017, seguidos por instancia do procurador Carlos García Brandariz, en nome e representación de Carmen Filgueira Maceiras, contra José Vasco Gabin, ditouse o 18.9.2018 sentenza que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza 107/2018

Divorcio contencioso 374/2017

En Betanzos o 18 de setembro de 2018.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do divorcio contencioso número 374/2017 en que foron parte demandante Carmen Filgueira Maceiras, representada polo procurador Carlos García e asistida polo letrado Manuel Barral, e parte demandada José Vasco Gabin.

Decido que, estimendo a demanda presentada por Carmen Filgueira Maceiras representada polo procurador Carlos García, fronte á parte demandada, José Vasco Gabin, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio formado por Carmen Filgueira Maceiras e José Vasco Gabin.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data ante min, a letrada da Administración de xustiza. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde José Vasco Gabin, expídese o presente.

Betanzos, 2 de outubro de 2018

Eva Ortiz Suárez
Letrada da Administración de xustiza