Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2018 Páx. 46954

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1681/2018-MBL).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1681/2018-MBL

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 962/2014 Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Felipe Manuel Santiago Pedrosa

Avogado: Federico Novo Prego

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Umivale, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, S&V Seguridad, S.A. e Prosegur Compañía de Seguridad, S.A.

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Lorenzo Sabell Peláez e Pablo Torrado Oubiña

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1681/2018 desta sección, seguido por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Umivale, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, S&V Seguridad, S.A., Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Felipe Manuel Santiago Pedrosa contra a sentenza do 19 de setembro de 2017 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, ditada nos autos nº 962/2014. Todo iso confirmando a sentenza de instancia. Sen custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se ha preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronuciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a S&V Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza