Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas no expediente sancionador en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos RA/DXM/CIV/2017/00765 e sete máis.

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/DXM/CIV/2017/00765 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto
infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

LU-02114-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00765

PB2802PA/34FN5396

Petko Angelov Bg Eood

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, superior ao 50 % (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Menos de 4 horas e 30 minutos.

30.8.2014; 19.41; NVI; 522

Art. 140.37.1 LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-02179-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00781

5570-CWV/R-2079-BBS

Ruibal Costa, Pedro

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.11.2014; 1.34; A52; 210,0

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01225-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00784

2818-HFL/R-5937-BBK

Nieto Ares, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

10.12.2014; 11.41; N634; 709,5

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-01014-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00789

2400-FZF

Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

23.1.2015; 9.01; N550; 127,5

Art. 140.22 LOTT

601,00 €

Estimar parcialmente, no senso de rebaixarlle a sanción á contía de 601 euros

PO-00593-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00790

0089-BWS

Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L.

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

15.12.2014; 17.16; N550; 126,0

Art. 140.22 LOTT

601,00 €

Estimar parcialmente, no senso de rebaixarlle a sanción á contía de 601 euros

XC-02743-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00794

8035-BKL

Nalu Pro Center

A realización de transporte regular de viaxeiros de uso especial, carecendo de título habilitante.

14.11.2014; 9.15; AC550; 2,00

Art. 140.1 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00166-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00796

4899-BZD/R-5039-BBC

Amador García Alonso

O inadecuado funcionamento imputable ao transportista do tacógrafo, ou dalgún dos seus elementos.

13.01.2015; 12.37; A52; 183,0

Art. 140.33 LOTT

1.001,0 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-06078-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00797

C-1374-CB

Autocares Ferma, S.L.

Realizar transporte público de viaxeiros de uso especial incumprindo as condicións esenciais da autorización especial.

6.7.2014; 20.09; DP-3006; 1,6

Art. 140.28 LOTT

1.001,0 €

Inadmitir, confirmando a sanción imposta