Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 8 de outubro 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 651/2016, do 3 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 3 de novembro de 2016, pronunciou a Sentenza 651/2016, ditada no procedemento ordinario número 4346/2014, interposto pola procuradora Elena Miranda Osset, en nome e representación da entidade Herederos de Concepción Taboada del Río, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Elena Miranda Osset, en nome e representación da entidade Herederos de Concepción Taboada del Río, S.A., contra a Orde do 4 de xuño de 2014 do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Baiona, publicada no DOG núm. 114, do 17 de xuño; e declaramos a nulidade do PXOM de Baiona no que se refire á categorización como solo urbano non consolidado da parcela da parte demandante, condenando a Administración demandada a categorizar a dita parcela como solo urbano consolidado e, en consecuencia, declárase como non axustada a dereito a súa integración na área de repartición AR-1-O.

Con condena en custas á demandada e codemandadas dentro do límete fixado na fundamentación xurídica da presente resolución».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo