Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de setembro de 2018 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono de buque plataforma-flotante depositado na explanada de varada do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Servimar Innova, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo do 6 de setembro de 2018 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono do buque que se cita, depositado no porto de Rianxo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse o buque plataforma- flotante depositado sen actividade nin mantemento ningún na zona de varada do porto de Rianxo e sen aboar taxas desde hai uns 3 anos, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, cuxo réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario do buque un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan á custa do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia na Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia