Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se fai público o outorgamento dunha autorización para realizar actividades inherentes á prestación de servizos á pasaxe no porto do Grove.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude das competencias contidas no artigo 12.3.k) da Lei 6/2017, outorgar por resolución, que pon fin á vía administrativa a seguinte autorización en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións correspondente:

Resolución: 20 de setembro de 2018.

Referencia: 13-08-18-G-1.

Obxecto: actividades inherentes á prestación de servizos á pasaxe.

Porto: O Grove.

Autorizado: Santiago Domínguez Bea.

Prazo: temporal, ata o 24 de setembro de 2019.

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia