Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Pablo Méndez Díaz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 210/2018 j (procedemento abreviado), interposto por Pablo Méndez Díaz, contra a desestimación do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 15 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 58, do 22 de marzo):

Categoría: técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.

Ámbito: Área de Burela.

Apartado: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos