Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (EXT 172/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 172/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Juan López Cordido contra Entidad Patrimonial 38, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza número 597/2017, de data 26 de decembro, ditada no procedemento PO 683/2015, a favor da parte executante, Fernando Juan López Cordido, fronte a Entidad Patrimonial 38, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 2.000,67 euros en concepto de principal (1.107,29 euros en concepto de salario de agosto de 2014, 511,88 en concepto de salario de setembro de 2014 e 381,5 en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 200,06 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e firma a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

A letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Entidad Patrimonial 38, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Fernando Juan López Cordido e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Entidad Patrimonial 38, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza