Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 157/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 157/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jorge Mecías Tejo contra a empresa Aparcamiento Labacolla, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Jorge Mecías Tejo coa entidade Aparcamiento Labacolla, S.L., condenando a esta a que aboe ao executante a cantidade de 8.740,88 euros en concepto de indemnización, a cantidade de 15.468,70 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 1.584,37 euros en concepto de saldo ou quitanza, máis a cantidade de 113,73 euros en concepto de xuro legal do artigo 29.3 do ET.

Faise saber que en caso de non dar cumprimento á presente resolución continuará a presente como execución pecuniaria, polo importe total sinalado máis os xuros e custas da execución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza