Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios Quinteiro, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data desta resolución a relación laboral que unía a José Pose Vieites coas entidades Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M. Quinteiro, S.L. e Neira y Ferreira, S.L.U., e condeno solidariamente as executadas a aboarlle a José Pose Vieites a cantidade de 4.576,43 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 28.804,5 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como a cantidade de 1.408,13 euros en concepto de cantidades debidas, do cal resulta un total de 34.789,06 euros.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza