Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 75/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 75/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Lamoso Novas contra Sertran Conservación, S.L., sobre ordinario, se ditou auto polo que se despacha execución do 14 de setembro de 2018, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Sertran Conservación, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza