Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 531/2016).

Eu, María del Carmen Álvarez Marqués, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 531/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Janeiro Gómez contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimo parcialmente a demanda presentada por José Manuel Janeiro Gómez, representado pola letrada Sra. Airado Bello, contra Lineanorte Multiservicios, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, logo de apreciación de oficio da excepción procesual de cousa xulgada en sentido negativo, no que á reclamación da cantidade de 1.353,20 euros en concepto de salario de abril de 2016 se refire, condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.650,18 euros, cantidade que devindicará o xuro moratorio do 10 %, sen que proceda declarar que a empresa litigou con mala fe ou temeridade nin a impoñerlle as custas procesuais causadas.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0531-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0531-16, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “Concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza