Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (152/2018).

PO procedemento ordinario 152/2018

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Edmundo Nores Martínez

Avogado: Roberto Cons Lamas

Demandados: Talleres Rosil Hermanos Acuña, S.L., Fogasa, Abogados Jea, S.L.P.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Edmundo Nores Martínez contra Talleres Rosil Hermanos Acuña, S.L., Fogasa e Avogados Jea, S.L.P., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 152/2018, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Abogados Jea, S.L.P., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 23.10.2018 ás 12.05 horas, na planta baixa, Sala 6, Edificio Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Abogados Jea, S.L.P., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 13 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza