Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44846

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 138/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 138/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Rodríguez Sánchez contra a empresa Aparcamiento Labacolla, S. L, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a Jorge Rodríguez Sánchez coa entidade Aparcamiento Labacolla, S.L., e condeno a esta a que aboe ao executante a cantidade de 10.805,45 euros en concepto de indemnización, a cantidade de 16.016,20 euros en concepto de salarios de tramitación e a cantidade de 1.640,25 euros en concepto de saldo ou liquidación, máis a cantidade de 58,42 euros en concepto de xuro legal do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Faise saber que, en caso de non dar cumprimento a esta resolución, continuará a presente como execución monetaria, polo importe total sinalado, máis os xuros e custas da execución.

Notifíquese a presente resolución ás partes, ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e firma Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza