Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 976/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 976/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Faginas Díaz contra María del Carmen López Sanduende e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva é a que segue:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Andrés Faginas Díaz contra a empresaria individual María del Carmen López Sanduende e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual, María del Carmen López Sanduende, a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.221,18 euros brutos por pagas extras de beneficios, xullo e decembro de 2017, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen López Sanduende, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza